martes, 12 de junio de 2007

Tormentas tropicais.

Cando á big band de Dizzy Gillespie se incorpora o percusionista cubano Chano Pozo, créase a primeira gran orquesta que compón, interpreta e grava jazz latino.



A partir de aquí, o desenrolo de este estilo levariao a traspasar o concepto da mera fusión para converterse nun xénero de propio dereito dentro do inabarcable abanico da música popular. O encontro entre a música do continente americano e a das súas illas veciñas (Cuba, Xamaica, Santo Domingo e, en menor medida, Haití) foi producto da experimentación de algúns como o antes mencionado Gillespie ou o propio Herbie Hancock, que encontraron o nexo de unión no concepto "afro" común aos dous estilos, o continental e o isleño, descendentes ao fin e ao cabo dun pasado común que tiña a súa referencia, na música tribal africana que levaron con eles os millons de escravos que chegaron ao Norte de America durante séculos.
O documental de Fernado Trueba "Calle 54", que revisionei non fai moito tempo, supón unha mágnifica oportunidade para achegarnos ata este xénero desde unha perspectiva realmente amena e bastante interesante. O filme é, básicamente, unha colección de actuacións en directo a cargo dos máis representativos artistas do "latin jazz", recollidas polo obxectivo do director en forma de elegantes videoclips introducidos por unha pequena presentación da personaxe en cuestión e unha breve entrevista.
O nivel de TODAS as actuacións é espectacular, así que os que non a virades, xa sabedes. Para que vexades o que vos perdedes aí vos vai o vídeoclip do trío de Michel Camilo con Horacio "El Negro" Hernández e Anthony Jackson. O dito: espectacular.

miércoles, 6 de junio de 2007

Algún dato interesante...


Supoño que despois de ver a este monstro en acción moitos de vós quereredes saber algo máis e o certo é que este home é todo un personaxe. Americano nacido en 1964 nada menos que o 11 de setembro é o máis novo de cinco irmáns, todos músicos. Sempre me imaxinei que os días de Acción de Gracias na casa Wooten teñen que ser espectaculares. Comenzou a tocar o baixo con cinco anos e a banda que formaron os cinco, Wooten Brothers, tivo un relativo éxito nos 70 cunha línea moi próxima ao funky da época. Como curiosidade, o video titulado Guitar Battle esta gravado por tres dos irmáns, que todavía hoxe se xuntan para levar a cabo algún proxecto. O baterista de ese vídeo, Roy Wooten, de nome artístico Future Man, tamén é compañeiro de Victor na celebérrima banda que acompaña a Bêla Fleck, "The Flecktones", coa que creo que nin eles mesmos levan conta dos Grammys.
Ademáis o mestre Wooten é un tipo do máis curioso filosóficamente falando, unha especie de Jedi musical. Todo o merchandishing da súa marca ten como logotipo o símbolo do Yin - Yan, e asimesmo é autor dunha boa serie de reflexións sobre a importancia da relaxación na súa espectacular técnica e tamén da relativa importancia que ten a tecnoloxía no feito musical, que según él é puramente humano. Reflexión bastante curiosa vindo de alguén que sampleou os balbuceos da súa filla recén nacida para crear ambientes nun dos seus discos en solitario.
Para os que queirades saber algo máis sobre este guru do baixo electrico, tedes á vosa disposición unha entrevista en español. En breve tentarei colgar algúns enlaces para baixar os seus discos.

Aquí estou... para o que non faga falla

Como dixo alguén: "Atendendo a unha enchenta de peticións" (de Fiz), aquí van os meus primeiros pasos no mundoblog. O título non deixa lugar a dúbidas, así que con ánimo de ser minoritario decidín crear este espazo para esas músicas que escoitamos cando encendemos a tele no verán de madrugada, ou cando comemos ao mediodía nesa gran compaña que é RNE-R3. Para empezar nada mellor que unha pequena selección de vídeos do gran baixista Victor Wooten. Seguramente Riki o definiría como o Maradona das catro cordas ou algo así. Donas e cabaleiros, he´s only Victor Wooten.
Atentos ao primeiro vídeo. Comenza tocando co baixo o Preludio dunha Partita de Bach composta PARA VIOLÍN!!! E logo enlaza cunha versión incrible de Amazing Grace que deixa tonto a calquera. Todavía non sei como se pode chegar a eso.