martes, 12 de junio de 2007

Tormentas tropicais.

Cando á big band de Dizzy Gillespie se incorpora o percusionista cubano Chano Pozo, créase a primeira gran orquesta que compón, interpreta e grava jazz latino.



A partir de aquí, o desenrolo de este estilo levariao a traspasar o concepto da mera fusión para converterse nun xénero de propio dereito dentro do inabarcable abanico da música popular. O encontro entre a música do continente americano e a das súas illas veciñas (Cuba, Xamaica, Santo Domingo e, en menor medida, Haití) foi producto da experimentación de algúns como o antes mencionado Gillespie ou o propio Herbie Hancock, que encontraron o nexo de unión no concepto "afro" común aos dous estilos, o continental e o isleño, descendentes ao fin e ao cabo dun pasado común que tiña a súa referencia, na música tribal africana que levaron con eles os millons de escravos que chegaron ao Norte de America durante séculos.
O documental de Fernado Trueba "Calle 54", que revisionei non fai moito tempo, supón unha mágnifica oportunidade para achegarnos ata este xénero desde unha perspectiva realmente amena e bastante interesante. O filme é, básicamente, unha colección de actuacións en directo a cargo dos máis representativos artistas do "latin jazz", recollidas polo obxectivo do director en forma de elegantes videoclips introducidos por unha pequena presentación da personaxe en cuestión e unha breve entrevista.
O nivel de TODAS as actuacións é espectacular, así que os que non a virades, xa sabedes. Para que vexades o que vos perdedes aí vos vai o vídeoclip do trío de Michel Camilo con Horacio "El Negro" Hernández e Anthony Jackson. O dito: espectacular.

No hay comentarios: