lunes, 9 de julio de 2007

O que canta, seu mal espanta. I

Normalmente, todos tendemos a asociar o jazz cos nomes dos grandes instrumentistas que ao longo do último século foron marcando a pauta da evolución de este estilo e, por extensión, de toda a música pop(ular). Sen embargo, esta é unha idea bastante equivocada, xa que a presencia do aspecto vocal na música afroamericana foi un elemento decisivo dende as súas orixes: os cantos espirituais dos escravos negros chegados a América, que como ben podedes imaxinar, non tiñan fácil acceso a instrumentos musicais máis aló da súa capacidade de artesanía. Neste caso é moi facil decidir se foi antes o ovo ou a galiña. Dende o gran Louis Armstrong (primeiro artista pop no sentido que hoxe lle damos ao termo) ata Bobby McFerrin, pasando por nomes tan importantes coma Ella Fritzgerald, Billie Holliday, Frank Sinatra ou Nat "King" Cole. Este pretende ser un humilde resumo da historia do jazz desde a perspectiva -nunca mellor dito- do "boca a boca".
Louis Armstrong, alias Satchmo, é, sen dúbida, a primeira grande figura do canto de jazz, ata o punto de que se lle atribúe a invención do canto scat (cantar improvisando sílabas sen sentido) e a súa carreira foi tan dilatada que aínda no ano 1964, conseguiría desbancar aos Beatles do número un das listas de vendas coa gravación do que sería o seu maior éxito, "Hello Dolly".



A outra figura decisiva do canto jazzístico da primeira época é a inigualable Ella Fitzgerald, habitual colaboradora de Armstrong e referencia indiscutible para todas as vocalistas de jazz ata os nosos días, tanto pola irresistible calor que emana da súa voz como por un fraseo completamente evolucionado e que levou a improvisación vocal ata uns límites de elegancia todavía non superados. Aquí vola deixo cunha versión da que para min é unha das mellores cancións escritas nunca. A ver quen a recoñece. Unha pista: existe unha versión en español para unha película do mesmo nome.



Billie Holiday, chamada realmente Eleanora Fagan Gough, é outra das cantantes que máis contribuiu ao lanzamento do jazz como o grande xénero musical do século XX e como a gran aportación norteamericana á cultura universal. Deuse a coñecer da man do mítico productor John Hammond, quen conseguiu que puidera realizar varias gravacións con Benny Goodman, virtuoso do clarinete e músico revelación do momento. Sen embargo, o principal acompañante que tivo ao longo da súa carreira foi o seu marido e tamén importantísimo músico de jazz Lester Young. Esta é unha gravación en directo cunha das orquestras máis importantes da época, a do pianista Count Basie.



Sara Vaughan cerra a triloxía das grandes divas do jazz dos anos dourados. Criada musicalmente en Harlem (anque era orixinaria de New Jersey, coma Jay e Bob "El Silencioso") participou de maneira decisiva na renovación que a nova xeración de músicos neoiorquinos estaba levando a cabo, era o bebop abanderado por Charlie "Bird" Parker e Dizzy Gillespie. Deixovos coa súa estupenda versión do tema central do clásico "The Wizard of Oz", a fermosa "Somewhere over de rainbow".



Nat "King" Cole pasou a súa infancia en Chicago nos anos 20, cando esta era a principal capital do jazz. O seu pai era predicador da Igrexa Baptista e a súa nai era a encargada de tocar o órgano. Foi a única profesora de piano que tivo na vida. Influenciado pola tradición do gospel e das correntes jazzísticas que triunfaban entón na cidade, non tardou en acadar certa fama a nivel local, onde o rebautizaron co apodo de "King" co que pasaría á historia, máis sería a raíz do seu traslado a Los Angeles cando daría o definitivo salto á fama, chegando a actuar como pianista acompañante con artistas da talla de Lionel Hampton. Foi o primeiro afroamericano en ter o seu propio programa de radio e foi un importante activista a favor dos dereitos civiles da poboación de cor, convertindose nun icono á altura do mesmo Martin Luther King. Esto é "Sweet Lorraine", doce Lorena.



Bing Crosby foi un dos primeiros artistas multimedia. Entre 1934 e 1954 tivo un case imbatible éxito de vendas cos seus discos, grandes ratings en tódalas emisoras de radio e películas mundialmente vistas. Adoita ser considerado como un dos actores musicais máis populares da historia e é a voz máis gravada electrónicamente de tódolos tempos. Ademáis foi a principal influencia da seguinte xeración de cantantes de jazz masculinos, que inclúe, entre outros, a "desconocidos" como Frank Sinatra, Dean Martin ou Perry Como. Se alguén ten dúbidas sobre a actualidade de este artista, que lle bote un vistazo ao seguinte vídeo. Creo que en canto coñezades ao seu compañeiro cambiaredes de opinión.

3 comentarios:

FIZ dijo...

FAcendo honor ó nome do teu espazo blogueiro......

GRAN resumo, ainda que de seguro che quedou moita "boa merda" no tinteiro.
Que non pare.

P.D: Pena perderse as churrascada carallo.
Bicos Coltrane.

Anónimo dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Monitor de LCD, I hope you enjoy. The address is http://monitor-de-lcd.blogspot.com. A hug.

busto.agolada dijo...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no sigular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
http://blog-xuntanza.blogspot.com