miércoles, 6 de junio de 2007

Aquí estou... para o que non faga falla

Como dixo alguén: "Atendendo a unha enchenta de peticións" (de Fiz), aquí van os meus primeiros pasos no mundoblog. O título non deixa lugar a dúbidas, así que con ánimo de ser minoritario decidín crear este espazo para esas músicas que escoitamos cando encendemos a tele no verán de madrugada, ou cando comemos ao mediodía nesa gran compaña que é RNE-R3. Para empezar nada mellor que unha pequena selección de vídeos do gran baixista Victor Wooten. Seguramente Riki o definiría como o Maradona das catro cordas ou algo así. Donas e cabaleiros, he´s only Victor Wooten.
Atentos ao primeiro vídeo. Comenza tocando co baixo o Preludio dunha Partita de Bach composta PARA VIOLÍN!!! E logo enlaza cunha versión incrible de Amazing Grace que deixa tonto a calquera. Todavía non sei como se pode chegar a eso.





5 comentarios:

rikimelide dijo...

Éncheme, sen medo a resaca, de orgullo e satisfacción inagurarche a sección "comments" deste teu blogue.
Seguro que vamos aprender moito da "música do século XX" contigo pero agardo que non só te circunscribas a ela e que abarques outros temas, sen dúbida sería unha mágoa.
acabo de ver o primeiro video e flipei con este "crack" do baixo, pero se a memoria non me engana eu a este fulano xa o vin na banda de Bela Fleck?, nunca a pena me pasa ó saber que estivo na Foliada de Lalín dunhos anos e non me acheguei a velo, cajona...
Veña David saúdos e benvido o "blogo-melide-millo".
PD: Ah, xa te agrego nos meus links en breve meu, faltaría mais.

coltrane dijo...

Efectivamente Riki. De feito este video esta sacado dun DVD en directo que ten editado Bela Fleck coa súa banda The Flecktones. Irei ampliando información sobre esta xente.
Graciñas.

citizenerased dijo...

O famoso DVD...por certo Bela Fleck non estivo tamén un ano no Festival de Musica Celta de Ortigueira?..
É igual...Benvido ó mundo dos blogs...
Dálle caña porque de seguro que este blog vai ter un carácter ante todo didáctico.
PD:Garda cousiñas para a futura web,non blog, de Freaknosis.

See you in the rehearsal room.

coltrane dijo...

Espero que todos poidamos aprender algo desto, sobre todo eu. E non te preocupes, a temática do blog está expresamente escollida para non superpoñerse co resto da nos minicomunidade.
Quérome ver nos teus links!

FIZ dijo...

BENVIDO O BLOGOCORNIO.
Xa iba sendo hora de que un dos membros mais partícipes do blogomillo deixara de ter unha participación pasiva para converterse en parte activa.
Moi boa a idea do nome, a presentación e a temática.
Coma sempre, coincidindo contigo á hora de abrirnos de orellas. A pesar de discrepancias que as haberá.
Bicos.